Mostrando entradas con la etiqueta Escuela 2.0.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escuela 2.0.. Mostrar todas las entradas

Escuela 2.0.



ESCOLA 2.0. - PROXECTO ABALAR






congreso
http://www.ite.educacion.es/es/escuela-20
I CONGRESO ESCUELA 2.O. Octubre 2010, Madrid
 http://www.ite.educacion.es/es/icongreso
II CONGRESO ESCUELA 2.O. Abril 2011, Zaragoza
http://www.ite.educacion.es/es/escuela-20/ii-congreso-escuela-20
III CONGRESO ESCUELA 2.0. Octubre 2011, Granada
http://www.ite.educacion.es/es/escuela-20/iii-congreso-escuela-20
CONGRESO CONTIDOS DIXITAIS 2012
http://www.ite.educacion.es/es/congresos/contenidos-educativos-digitales

ESCUELA 2.0.

Que é a Escola 2.0?
Trátase dun proxecto educativo deseñado inicialmente polo Ministerio de 
Educación coas seguintes premisas:

● Ser un proxecto innovador de integración das  TIC.
● Estar dirixido a centros educativos sostidos con  fondos públicos.
● Facilitar o uso personalizado dun ordenador  portátil por parte de cada alumno.
● Entender as TIC como un recurso máis de  todos e cada un dos alumnos e alumnas, dispoñible de xeito continuado.
● Dotar de conectividade multimedia as aulas.
● Fomentar a creación de materiais educativos   dixitais.
● Formar nas TIC ao profesorado.




INTRODUCIÓN AO CAMBIO METODOLÓXICO QUE ESTÁN A CREAR AS TIC
Nin no desánimo mentres esteamos aprendendo o seu uso...



Metodoloxía _Tecnoloxía
E sempre reflexionar sobre se as ferramentas TIC que empregamos teñen
ou non efectividade na nosa práctica docente...





Conferencia de Jordi Adell




PROXECTO ABALAR

Que é o Proxecto Abalar e que relación ten con Escola 2.0?
Cada Comunidade Autónoma (das 14 que decidiron participar en Escuela 2.0) adaptou a implantación cun proxecto propio en virtude do 50 % de financiación que tiñan que aportar.
En Galicia este proxecto coñécese co nome de Proxecto Abalar. 

As tres características máis importantes das que difire doutras comunidades son:

● Os equipos netbook do alumnado permanecen nos centros, reducíndose considerablemente as posibilidades de deterioro dos equipos.

● Nos equipos só se instalou o sistema operativo Linux (versión Ubuntu Netbook Edition, migrada actualmente á distribución Debian), co que se reducíu considerablemente os custos en software, que puideron ser destinados a máis equipamento.

● Creación dun espazo propio ou repositorio de contidos dixitais (Espazo Abalar).






Nova versión do Espazo Abalar

Terceira versión do espazo web.

Dende este luns hai novas funcionalidades na web do Espazo Abalar. Segundo informa a Consellería de Educación trátase de apartados dedicados a familias, profesorado e centros por medio das novas guías elaboradas para cada un destes ámbitos. A plataforma tamén abre canles en Facebook, Twitter e Youtube.

Os pais, nais e titores legais dos escolares van a poder seguir realizando as accións que xa viñan facendo ata agora, a través do “espazo Familias”. Con esta nova actualización, os responsables dos rapaces poderán realizar un seguimento máis exhaustivo da vida académica dos seus fillos: xustificar as faltas de asistencia e solicitar citas de titoría en liña, coñecer as incidencias máis relevantes e os avisos que afecten ao grupo ao que pertenzan a través de notificacións enviadas polos titores, a consulta do horario do alumnado, as faltas de conduta e as cualificacións de cursos académicos anteriores.
http://botons.eu

Jordi Adell

Encuesta 2.0.

Encuesta 2.0.